
Porto do Son é un dos municipios da península do Barbanza con maior potencial turístico. A particular fisionomía do noso territorio con case 30 quilómetros de franxa costeira fronte á ría de Muros e Noia, e ao océano Atlántico, ofrece infinitas posibilidades para gozar da natureza, do mar, da tradición, do noso patrimonio histórico e cultural, dos deportes de aventuras e do ocio náutico, dos nosos costumes, da gastronomía mariñeira e, sobre todo, de nós mesmos rodeados dunha contorna única.
Chegarás aquí atraído pola maxia do Castro de Baroña (BIC), pero a luz de todos os nosos miradoiros, das praias douradas, dos camiños frescos entre bóvedas de carballos pola beira do río, da privilexiada situación entre o mar e a montaña,… e tamén a nosa xente conquistarante para explorar Porto do Son en calquera momento do ano.
Por que rutas comezas?
CONCELLO DE PORTO DO SON
Rúa Atalaia, 7
15970 · Porto do Son (A Coruña)
T: 981 867 412
Tels. Rexistro: 881 862 318 / 881 988 550 / 881 988 340