
Casa do Concello
Porto do Son é un concello que ocupa o lado noroeste da Península do Barbanza. Limita ao norte coa ría de Muros e Noia, ao sur con Boiro e a Pobra do Caramiñal, ao leste con Noia e Lousame, e ao oeste con Ribeira.
A Península do Barbanza é unha terra moi accidentada e Porto do Son non é unha excepción. O monte está en case todo o concello moi preto da costa, o que obriga á poboación a concentrarse en torno á liña costeira en case todo o territorio.
Na actualidade o Padrón consta de 9.425 habitantes. O territorio sonense está dividido en dez parroquias, a maior das cales é Nebra e a máis poboada, Noal, onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira, que non dá ao mar.
CONCELLO DE PORTO DO SON
Rúa Atalaia, 7
15970 · Porto do Son (A Coruña)
T: 981 867 412
Tels. Rexistro: 881 862 318 / 881 988 550 / 881 988 340