SAÚDO DO ALCALDE

luis-oujo-pouso-1

Benvidos á nova páxina web do Concello de Porto do Son. Esta nova versión pretende ser un espazo de diálogo útil, eficaz, transparente e accesible ao cidadán.

Apostamos polas novas tecnoloxías e por traballar para achegar a Administración Local ao cidadán ofrecendo unha información máis completa e accesible.

Poderedes aportar as vosas ideas, suxestións,… todo aquilo que queirades facernos chegar para escoitarvos e seguir mellorando Porto do Son entre todos.

Con esta web, Porto do Son ofrece tamén un punto de encontro para todas as persoas que amosan interese por coñecernos e por admirar un entorno costeiro privilexiado que invitamos a coñecer.

Como Alcalde e veciño suxírovos achegarvos a Porto do Son para poder apreciar o noso patrimonio arqueolóxico, histórico, cultural e etnográfico así como as nosas festas, costumes e tradicións.

Un aperta do voso Alcalde

Luis Oujo Pouso

Close Search Window