O vindeiro martes, 25 de novembro, Porto do Son acollerá a Carreira Escolar contra a Violencia de Xénero, unha actividade organizada pola concellería de Deportes e Servizos Sociais.
Esta iniciativa nace co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e a convivencia entres os CEIPs e as EEI do Concello. Ademais ten a función de visibilizar, sensibilizar e implicar á sociedade na loita contra esta lacra.
Todas as crianzas participantes recibirán un agasallo, en colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade.
Os horarios son aproximados pero o itinerario organizado é o seguinte:
10:30H – Infantil 3 anos
10:40H – Infantil 4 anos
10:50H – Infantil 5 anos
11:00H – 1º Primaria
11:10H – 2º Primaria
11:20H – 3º Primaria
11:30H – 4º Primaria
11:40H – 5º Primaria
11:50H – 6º Primaria


