Obras|

O Concello de Porto do Son na súa firme aposta polo rural, vén de rematar a renovación e mellora do firme no lugar Agra-Trasdoanes, na parroquia de Xuño. 

A actuación, que ten un investimento total de 99.913 euros, está financiado integramente a cargo da Consellería de Medio Rural, a través do programa Plan de Infraestruturas Rurais.

Así, obra contemplou a rehabilitación da superficie da estrada, garantindo unha maior durabilidade e mellorando as condicións do tráfico. O traballo tamén incluíu a nivelación da superficie da estrada e a aplicación de novas mesturas asfálticas, optimizando a resistencia ao desgaste e a seguridade viaria.

Aproveitando a apertura da estrada, instalouse a condución subterránea para o sistema de saneamento. Tamén, colocouse a tubaxe correspondente coas pendentes axeitadas para garantir o correcto funcionamento hidráulico. Esta obra mellora a rede de servizos urbanos, evitando futuros danos no pavimento por obra posteriores.

O alcalde, Luis Oujo, sinalou “o compromiso do goberno local por seguir apostando polo rural e garantindo que a rede viaria municipal estean no mellor estado posible” e apunta, ademais “importancia de acondicionar este vial para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Comments are closed.

Close Search Window