Obras|

O Centro de Saúde de Porto do Son xa loce cun novo aspecto tras as recentes obras de mellora acometidas, a través do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Porto do Son.

Esta nova obra, que da continuidade á reforma da cuberta do centro realizada o pasado ano, contou cun investimento de 42.894,50 euros, financiado ao 50% entre as dúas entidades, aportando cada entidade 21.447,25 euros.

As obras consistiron nunha limpeza e saneamento completo da cuberta, así como o lavado da parte traseira do tellado e reposición de tellas rotas. Tamén, na zona dianteira levantáronse as tellas para eliminar o musgo e herbas daniñas. Por último, realizouse unha limpeza xeral, unha substitución de pezas danadas e impermeabilizado das chemineas.

En canto ás fachadas realizouse unha limpeza e impermeabilización para mellorar a eficiencia enerxético así como tamén evitar filtracións de agua e humidade.

Tras o remate das obras, Luis Oujo agradeceu “a sempre disposición da Xunta de Galicia para chegar a este tipo de acordos que son fundamentais para a mellora das nosas infraestruturas”.

“Esta actuación permitirá ofrecer un espazo máis axeitado para a prestación da asistencia á nosa veciñanza, así como tamén optimizar as condicións do centro,  prolongar a durabilidade da infraestutura e mellorar a súa eficiencia enerxética”, rematou Oujo.

Comments are closed.

Close Search Window