A Xunta de Galicia vai licitar por anticipado de gasto, antes de que remate o ano, as primeiras 16 obras de mellora en centros educativos para o ano 2026, cun importe de máis de 16 M €. Estas actuacións inclúense na partida de 73,6M € para obras en centros educativos recollida nos orzamentos de 2026 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, un 4% máis do destinado para este fin neste ano. Isto confirma o compromiso da Xunta coa modernización dos colexios e institutos ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica.
As obras, que se licitarán antes de que remate o ano, céntranse no incremento da capacidade dos centros educativos e na mellora das súas instalacións para facelas máis respectuosas co ambiente.
No caso do Instituto de Porto do Son o orzamento é de 280.000€ para o peche lateral da pista deportiva con paneis prefabricados de formigón chapa ondulada microperforada de aluminio. Tamén se instalarán canlóns e baixantes e colocarase nova cuberta de panel sándwich nos vestiarios.


