Benestar social e igualdade, Xuventude e deporte|

Por mor das malas previsións meteorolóxicas, APRÁZASE a Andaina Contra a Violencia de Xénero organizada polo Concello de Porto do Son no marco do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A nova data será comunicada polas canles oficiais do Concello.

A marcha terá un percorrido de 12Km e sairá desde a Praza de España ás 10:00 horas.

As persoas interesadas en participar, poden sumarse enviando os seus datos á área de deportes municipal a través do enderezo electrónico: osoncamina@gmail.com. Máis información no 981 767 589.

Comments are closed.

Close Search Window