Un ano máis e tras o éxito das dúas edicións anteriores, este mes de novembro volve o deporte solidario a Porto do Son. Así, o municipio sonense organiza a III Campaña de Recollida Solidaria, unha actividade deportiva aberta a toda a veciñanza e que ten o obxectivo de axudar e colaborar coa Cruz Vermella de Noia.
Dende o 10 ao 29 de novembro, todas as persoas que o desexen poderán acudir á recepción da Piscina Municipal de Porto do Son para colaborar nesta iniciativa entregando produtos de hixiene, aseo e limpeza.
Tamén, o 29 de novembro, ás 17:00 h, dará comezo a competición de natación solidaria, na que varios equipos (masculinos, femininos ou mixtos dende infantil ata máster) terán o obxectivo de nadar un total de 10.000 metros cada un. A actividade deportiva 100×100 terá o seu epicentro na Piscina Municipal de Porto do Son e xuntará deporte, convivencia e solidariedade.
As persoas interesadas poderán obter máis información na concellería de Deportes, a través do teléfono 981 76 75 89 ou do enderezo electrónico deportesdoson@gmail.com. Así como tamén no C.D. Piscina Municipal de Porto do Son, a través do teléfono 604 051 189.


