Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Miñortos acolleu o domingo, 12 de outubro, o contacontos musical ‘Os rizos de Lía’.

Tulis, a contadora aventureira, contou a historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público infantil conectou con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma.

Os máis peques puideron gozar da música, emocionarse e bailar.

Comments are closed.

Close Search Window