Cultura, ocio, tempo libre|

Do 27 de marzo ao 5 de abril, Porto do Son vivirá a súa tradicional Semana Santa.

O pasado 15 de marzo tivo a Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor e o Concello de Porto do Son presentaron o conxunto de actos litúrxicos que se levarán a cabo no municipio durante a Semana Santa 2026. O pregón foi a cargo do M. I. Sr. D. Carlos Álvarez Varela, cóengo da SAMI Catedral de Santiago de Compostela e párroco de San Miguel dos Agros da cidade de Santiago.

D. Juan Pérez Pouso, Irmán Maior da confraría, presentou o cartel e os actos litúrxicos. Como principal novidade, destacouse que se modifican algúns percorridos nas procesións para evitar procesionar pola estrada xeral. Estes serían na tarde do Xoves Santo e a noite do Venres Santo.

No acto tamén tomaron parte a tenente alcalde, María Maroñas, e os concelleiros José Luis Lijó, Alicia Mª Martínez e Magdalena Pérez.

CONSULTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA AQUÍ

Comments are closed.

Close Search Window