Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro sábado, 31 de xaneiro a partir das 19:30 h, a proxección da curtametraxe ‘Adeus, Berta’, de Fernando Tato.

A entrada é de balde e as pesoas que o desexan poderán desfrutar desta obra que narra a historia de Alicia cando chega a casa dos seus pais, en A Pobra do Caramiñal, para elixir a roupa que levará a súa nai no velatorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada.

Comments are closed.

Close Search Window