Benestar social e igualdade|

Programación do Concello de Porto do Son das actividades sobre igualdade e contra a violencia de xénero, no marco do día 25 de novembro.

18 e 25 de OUTUBRO | Comezamos desde o eido cultural coa 𝐈𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝑑𝑒 𝑃𝑜𝑟𝑡𝑜 𝑑𝑜 𝑆𝑜𝑛 na que a veciñanza xa puido desfrutar das obras ‘Vicio houbo sempre’ e ‘Golpes’, na Casa da Cultura de Porto do Son.

14 de NOVEMBRO | O Club de xubilados de Porto do Son acollerá, ás 10:30 h, a 9ª Convocatoria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero.

23 de NOVEMBRO | A Andaina Contra a Violencia de Xénero, que terá un percorrido de 12Km, sairá desde a Praza de España ás 10:00 horas. As persoas interesadas en participar, poden sumarse enviando os seus datos á área de deportes municipal a través do enderezo electrónico: osoncamina@gmail.com. Máis información no 981767589

25 de NOVEMBRO | O eido deportivo e educativo únense na Carreira Escolar Contra a Violencia de Xénero, que partirá ás 10:30 h desde o Parque do Brañón de Porto do Son. Todas as crianzas participates recibirán un agasaxo en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade.

25 de NOVEMBRO | O programa a prol da igualdade poñerá o punto e final co reparto do material da campaña de sensibilización ‘Non á Violencia de Xénero’ entre o alumnado do IES de Porto do Son.

Comments are closed.

Close Search Window