Cultura, ocio, tempo libre|

O pasado domingo, 26 de outubro, a Casa da Cultura de San Pedro de Muro acolleu a obra ‘Son Animal’, de Paco Nogueiras.

A través desta función, Paco Nogueiras convídanos a unha viaxe chea de cancións que transforman os sons dos animais en melodías pegadizas. O ladrido dun can, o maullido dun gato ou o cacarexo dunha galiña convértense en ritmos que che farán bailar. É unha oportunidade perfecta para que toda a familia, e en especial os máis pequenos, participen e gocen cantando xuntos.

Comments are closed.

Close Search Window