Emprego|

O Centro de Información do Castro de Baroña acollerá o vindeiro mércores, 29 de outubro, ás 10:00 horas, unha sesión informativa sobre o Programa Integrado de Emprego.

Este programa ten como obxectivo a mellora da empregablidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas participantes que figuran como demandantes de emprego, por medio de accións complementarias entre sí de orientación, formación e intermediación laboral.

O programa, que ten unha duración de 12 meses, ten un compromiso de inserción laboral do 45% das persoas participantes e o ámbito de actuación: comarca do Barbanza (Concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) e Concello de Porto do Son.

Toda a información a través desta ligazón.

Comments are closed.

Close Search Window