Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Porto do Son acolleu o pasado 25 de outubro a peza teatral ‘Golpes’ de Estíbaliz Veiga.

Esta obra, dirixida por Xosé Leis e producida por Bernardino Martínez, visibiliza a escaleira de violencia que se pode crear a partir dunha relación desigual, representando a Pamela, unha muller que sobrevive ás violencias machistas e que conta a súa historia. Faino dun xeito directo, sen retoques, para facer reflexionar ao alumnado sobre a realidade vivida na súa pel e na de moitas.

Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia). GOLPES é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía.

Comments are closed.

Close Search Window