Cultura, ocio, tempo libre|

O Concello de Porto do Son presentou esta mañá a programación dunha nova edición da súa Feira Celta, que se celebrará durante os días 25, 26 e 27 na localidade. Participarán máis de 100 postos de ámbitos tan diversos como gastronomía, téxtil ou artesanía. 

Nunha rolda de prensa organizada esta mañá no Consistorio, deron a coñecer todos os detalles o alcalde, José Luis Oujo Pouso; a concelleira de Cultura, Alicia Martínez Maneiro; e a técnico de Cultura, Lidia Moledo Laíño. Pódese consultar integramente aquí.

A xornada inaugural será o venres, 25 de xullo, a partir das 17:00 horas, coa apertura do mercado, obradoiros, recuncho infantil, pasarrúas, contacontos, espectáculos de lume e danza e o concerto de Awen, previsto para as 00:00 horas. 

O sábado, 26 de xullo, a programación comezará desde as 11:00 horas coa apertura do mercado, obradoiros e recuncho infantil. Tamén haberá contacontos,  pasarrúas de diversas temáticas, así como o de gran formato previsto para as 21:30 horas, espectáculo de lume, danza e pirotecnia ás 23:30 horas, o concerto de música celta de Gálata, e outro espectáculo pirotécnico pasadas as 00:30 horas. 

Na derradeira xornada, domingo 27 de xullo, tamén haberá obradoiros e recuncho infantil, pasarrúas -tamén un de gran formato ás 20:45 horas-, títeres, contacontos, e como fin, o espectáculo de lume e pirotecnia das 22:00 horas a cargo de A todo trapo, Keltha y Triskelion.

Inscricións para entidades sen ánimo de lucro

O Concello de Porto do Son puxo a disposición das entidades sen ánimo de lucro un formulario no seu enderezo web oficial, co cal se pode solicitar a participación no evento. O prazo remata o día 23 de xullo. 

Comments are closed.

Close Search Window