Cultura, ocio, tempo libre|

O Concello celebrará o vindeiro luns, 23 de febreiro, o Día de Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades ao longo de toda a xornada.

Rosalía de Castro é unha das figuras fundamentais do Rexurdimento galego e unha das autoras que máis contribuíu á dignificación e proxección da lingua galega. O obxectivo desta celebración é poñer en valor a súa obra e reivindicar a súa figura.

O programa organizado polo Concello comezará pola mañá co reparto do poema “Ao son das pandeiras” ás panadarías Riveira e Piñeiro, en Vainilla y Genjibre, así como nas librarías Andrea e Elisa.

En horario de tarde, de 17:30 a 19:00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá a actividade “Na procura de Rosalía”, dirixida ao alumnado de Educación Primaria usuario da ludoteca. A iniciativa procura achegar á poeta galega ás xeracións máis novas a través do xogo e da diversión.

Comments are closed.

Close Search Window