Sanidade|

Do 26 de febreiro ao 7 de maio, Porto do Son acollerá o Programa de promoción de Saúde da Xunta de Galicia, unha iniciativa destinada a persoas maiores de 50 anos.

As xornadas terán lugar no local do Club de Xubilados de Porto do Son, en horario de mañá a partir das 10:30 h. As persoas interesadas poderán inscribirse no departamento de Deportes, a través do teléfono 981 767 589 ou a través do enderezo electrónico deportesdoson@gmail.com

  • SESIÓN INFORMATIVA SOBRE BENESTAR EMOCIONAL – Xoves, 26 febreiro 2026

Charla dunha hora de duración co fin de concienciar da importancia do benestar emocional e capacitar á poboación cara a hábitos máis saudables.

  • SESIÓN INFORMATIVA SOBRE HIXIENE DO SONO – Xoves, 26 febreiro 2026

Charla dunha hora de duración sobre a calidade do sono e as consecuencias dun mal descanso co fin de capacitar ás persoas para que melloren a calidade do mesmo.

  • PROGRAMA BENESTAR EMOCIONAL – A partir do xoves, 5 de marzo 2026

Programa de 8 semanas, dunha hora e media de duración cada sesión, onde descubrir estratexias que favorezan o noso benestar emocional na vida cotiá.

Comments are closed.

Close Search Window