A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro sábado, 15 de novembro, á partir das 21:00 h, a obra de teatro ‘Un deus salvaxe”, da compañía Talía Teatro.
As entradas poderán mercarse no momento previo á función e o custo da entrada será de 4 euros (tan só se acepta tarxeta bancaria).
Esta célebre comedia de Yasmina Reza chega a Porto do Son cun elenco galardoado co Premio María Casares e no conta a historia de dous matrimonios, adultos e civilizados, que atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver.
Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e disecciona, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,… pero, sobre todo, o exceso de corrección política.


