Obras|

O Concello de Porto vén de instalar unha nova caldeira de biomasa no polideportivo Santa Irene ás súas instalacións, reforzando así o seu compromiso coa eficiencia enerxética, o respecto polo medio ambiente e apostando pola sustentabilidade.

A nova infraestrutura garante un sistema de calefacción máis sostible, económico e adaptado ás necesidades do centro deportivo, mellorando o confort das persoas usuarias durante todo o ano.

Este proxecto, que conta cun investimento de 59.842 euros, está financiado pola Xunta de Galicia a cargo do Fondo de Cooperación Local. 

O obxectivo das actuacións foron a substitución do sistema de xeración de calor actual, que utiliza termos eléctricos para a xeración de ACS para consumo nas duchas dos vestiarios, por unha caldeira máis eficiente e que utiliza como combustible biomasa (pellet). 

A nova caldeira, que conta silo de combustible e depósito de inercia, está instalada nunha sala nova, no interior do pavillón, conectándose  a un depósito de inercia de 1500 L con produción instantánea de ACS. Ademais, levouse a cabo a instalación dun circuíto de calefacción que alimentará tres fancoils na zona da pista co obxectivo de evitar, na medida do posible, condensacións nas épocas máis frías e húmidas do ano.

Tras a actuación, o alcalde, Luis Oujo, indicou “esta actuación permite optimizar as condicións dun recinto imprescindible”, así como destacou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética e polo respecto do medio ambiente”. “Con esta nova instalación promovemos o aforro enerxético municipal, dinamizamos o desenvolvemento urbano sostible, á vez que contribuímos á redución de emisión de dióxido de carbono” engadiu o rexedor.

Comments are closed.

Close Search Window