A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá do 30 de xaneiro ao 27 de febreiro, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 h, a exposición didáctica de traxes tradicionais de Galicia e o falseamento histórico na folcrorización.
Esta mostra, na que a entrada é de balde, contou coa investigación e realización de M. Susana Peleteiro Fernández. Ao longo de varios anos, Susana Peleteiro, foi elaborando unha colección de traxes tradicionais e textos nos que resume a historia real e a ficticia da vestimenta do pobo dende o século XVIII ata o inicio do XX.
Esta exposición pretende amosar este o marabilloso patrimonio dende unha perspectiva de información necesaria para a posta en valor dun legado que é algo máis que o produto de diversos oficios: a vestimenta sempre foi, é e será unha segunda pel que fala hoxe de cada quen, pero que falaba máis naqueles tempos en que polas pezas levadas e polo xeito de poñelas indicaba procedencia xeográfica, estado civil, nivel social, oficio, etc.


