Formación|

O alcalde, Luis Oujo, participou na tarde de onte na clausura do curso de formación en competencias dixitais para persoas de Porto do Son inscritas como demandantes de emprego.

Durante o acto fíxose entrega dun título oficial acreditativo a todas as persoas que remataron o curso, que contou con 200 horas de formación.

Durante os últimos meses, as persoas participantes formáronse en busca e xestión da información dixital, creación de contidos dixitais, comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, resolución de problemas no entorno dixital e seguridade e civismo neste mesmo eido.

O rexedor puxo en valor a importancia da formación dixital como ferramenta clave para a posible inserción laboral nun mercado cada vez máis tecnificado.

Comments are closed.

Close Search Window