A Xunta de Galicia informa dun cambio nos números de teléfono desde os que o servizo 012 realiza chamadas para informar das citas de dependencia e discapacidade.
Ata o momento, cando o 012 contactaba coas persoas usuarias para informar das citas, as chamadas aparecían nos seus terminais cun prefixo 988.
A partir de agora, as chamadas realizaranse dende os seguintes números:
881 99 11 79 as chamadas relacionadas con dependencia.
881 99 07 94 as chamadas relacionadas con discapacidade.
Estes serán os números que verán as persoas usuarias nos seus teléfonos cando o 012 contacte con elas para informar sobre as súas citas. Por este motivo, recoméndase telos identificados e evitar, así, confusións con chamadas fraudalentas.

