A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou no DOG DO 19 DE AGOSTO DE 2025 a orde pola que se convocan axudas económicas para facilitar á mocidade galega desempregada a obtención dos permisos de condución A2 e B.
O obxectivo desta liña é mellorar a autonomía persoal e favorecer a empregabilidade da mocidade, reducindo parte do custo económico que supón acadar o carné.
Detalles da convocatoria
- Contía das axudas:
- 150 € para o permiso A2.
- 400 € para o permiso B.
- Son acumulables se se solicitan ambos.
- Quen pode solicitalas?
- Mozas e mozos de 18 a 30 anos.
- Empadroados en Galicia, con polo menos un ano de antigüidade.
- Que non estean traballando por conta propia nin allea.
- Que obtivesen o permiso A2 ou B entre o 1 de outubro de 2024 e a data de solicitude.
- Con renda familiar igual ou inferior a 5 veces o IPREM anual de 2025.
- Prazo de solicitude:
Do 25 de agosto de 2025 ás 9:00 h ata o 25 de setembro de 2025 ás 20:00 h, ou ata esgotar crédito. - Como solicitar?
A través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (obrigatorio). Se se presenta en papel, requirirase a súa emenda por vía electrónica.
Documentación que hai que presentar
Ademais do formulario electrónico de solicitude, deberás achegar:
- Identidade e residencia
- DNI/NIE (consulta automática salvo oposición).
- Certificado ou volante de empadroamento colectivo (mínimo un ano en Galicia).
- Permiso de condución
- Copia do carné A2 ou B expedido, ou
- Autorización provisional para conducir (se aínda non recibiches o carné físico).
- Situación laboral
- Declaración responsable de non estar traballando.
- Informe de vida laboral se a administración non pode ver a túa situación.
- Renda e situación económica
- Autorización de consulta de datos fiscais (xa vén no formulario).
- Se te opoñes: copia da declaración da renda 2023 ou certificado de imputacións da AEAT.
- Composición familiar (se procede)
- Libro de familia ou certificado de convivencia, para calcular os ingresos da unidade familiar.
- Declaracións responsables (anexos oficiais)
- Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Non ter solicitado nin recibido outras axudas para o mesmo fin.
- Non estar incurso/a en prohibicións para ser beneficiario/a de subvencións.
Resolución
- O procedemento é de concorrencia non competitiva: as axudas concédense por orde de entrada, ata esgotar o crédito.
- O órgano instrutor é o Instituto da Xuventude de Galicia.
- O prazo máximo de resolución é de 5 meses desde a entrada da solicitude. Se non hai resposta, entenderase desestimada.
- Unha vez notificada a resolución, a persoa beneficiaria terá 10 días hábiles para aceptar ou renunciar á axuda.




