Formación, Emprego|

O alumnado de Carpintería do Obradoiro de Emprego Tahume X encargouse da reparación do peche de madeira do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño.

Está décima edición do Obradoiro de emprego Tahume recolle un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha aportación de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.

533472773_1077245297888475_1317905997079029806_n
533227012_1077245247888480_2282578013457220147_n
533915835_1077245284555143_6062007684485403526_n
532927144_1077245287888476_4052879203474444875_n
535769473_1077245217888483_8653508151658579494_n
534917127_1077245281221810_6281379745049884582_n
534552091_1077245221221816_6735900319452547562_n
534220965_1077245271221811_7640394674345212180_n
535194521_1077245251221813_5638239929479405632_n
534854386_1077245201221818_1238999453644430560_n

Comments are closed.

Close Search Window