Cultura, ocio, tempo libre|

Porto do Son volverá a rir a gargalladas co III Ciclo de Mónologos. Todos os sábados do mes de abril, ás 21:00 h, a Casa da Cultura de Porto do Son converterase na casa da comedia.

A programación é a seguinte:

4 de abril | 21:00 h | Oswaldo Digón con Monólogo comedia

11 de abril | 21:00 h | Jazmín Abuín con Riquiña

18 de abril | 21:00 h | Celso Sanmartín con Contar

25 de abril | 21:00 h | Xosé A. Touriñán con Aquí Tou. (Máximo 4 entradas por persoa)

As entradas, que terán un custo de 4 euros, están á venda desde hoxe na Casa da Cultura de Porto do Son. Poderanse adquirir de luns a venres, de 8:30 a 15:00 horas, e os sábados de función desde as 19:00 h no propio recinto.

Comments are closed.

Close Search Window