Benestar social e igualdade|

Este vindeiro venres, 20 de marzo, ás 19:00 h, a Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a recepción e charla/coloquio de María Dolores Mayán Santos, a 𝐑𝐄𝐅𝐄𝐑𝟾𝙼𝐓𝐄 𝐒𝐎𝐍𝐄𝐍𝐒𝐄 𝟐𝟎𝟐𝟔

Desde o Concello de Porto do Son queremos destacar a traxectoria e gran labor dunha persoa referente para toda a veciñanza, unha muller de ciencias que paso a paso, con constancia e sabedoría, logrou abrir un sen fin de portas á investigación e labrar un camiño que inspira a crianzas, nenas e nenos dunha pequena e fermosa terra de mar. Mayán Santos é un referente que axuda a coidar o mundo no que vivimos, loitando cada día por un futuro en igualdade, con equidade e respecto.

Todas as persoas que o desexen poderán participar nesta recepción e charla na que se compartirán dúbidas e coñecementos coa protagonista.

Comments are closed.

Close Search Window