Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Baroña acolleu o pasado domingo, 16 de novembro, o obradoiro ‘Canta Música’.

As persoas asistentes puideron gozar deste concerto-obradoiro de canto, música e xogos levado a cabo por Pablo Díaz e Olga Kirk. A obra recolleu cancións infantís, xogos bailables e ritmos básicos da nosa cultura musical.

A actividade contou co apoio da Deputación da Coruña.

Comments are closed.

Close Search Window