Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro domingo, 2 de novembro ás 18:00 h, o teatro musical infantil ‘A Landra viaxeira e o amigo Lambón’.

Neste espectáculo, coñeceremos a historia de Landra, e a súa viaxe por Galicia, acompañada do seu amigo Lambón. As cancións, interpretadas por Sabela Olivares e Suso Bello, darán a coñecer esta aventura para facer bailar e rir a nenas e nenos e maiores.

Esta función, da compañía Os Jalochos, ten como obxectivo fomentar entre as crianzas o uso da comunicación escrita e oral da lingua galega como fonte de diversión e aprendizaxe, tendo en conta a inclusión, a igualdade e os valores sociais e colaborativos. A rapazada asistente poderá xogar coa música e a palabra a través dun concerto de participación activa mediante xogos basados no ritmo, na percusión corporal e o baile.

Comments are closed.

Close Search Window