Benestar social e igualdade, Educación|

O Concello de Porto do Son, xunto a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso grautíto de educación emocional e técnicas de relaxación.

A formación terá lugar o vindeiro 10 de novembro na Biblioteca municipal de Porto do Son, en horario de 16:00 a 20:00 h.

O curso, dirixido a mulleres maiores de idade, tratará diferentes técnicas de relaxación, meditación e concentración. Así como tamén analizará os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade, as posibles causas e factores claves.

As persoas asistentes poderán coñecer, entender e aprender a xestionar as emocións, o estrés a ansiedade no día a día. Tamén lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital como enfermidades o dores.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse, do 3 ao 8 de novembro, a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal ou a través da propia plataforma da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Comments are closed.

Close Search Window