Obras|

O Concello de Porto do Son vén de dar por rematadas as obras de substitución das fiestras na Escola Infantil de Caamaño. A actuación, que conta cun investimento total de 43.695 euros, está financiada con cargo ao POS da Deputación da Coruña. 

Os traballos contemplan unha mellora da eficiencia enerxética do edificio, optimizando considerablemente o seu illamento térmico e, como consecuencia, logrando un aforro enerxético. 

Ademais, as obras recollen a substitución da carpintería existente e dan resposta a unha demanda por parta da ANPA. 

O alcalde, Luis Oujo, indicou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética pola renovacación das nosas infraestruturas”.

Comments are closed.

Close Search Window