Medio Ambiente e cambio climático|

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan José Calo Miranda, participou o pasado mércores, 27 de agosto, na xornada de restauración de fondos mariños, organizada pola Asociación AMICOS.

A través desta iniciativa, pioneira en conservación mariña, visitaron o Laboratorio de cultivo de microalgas de Amicos, onde o persoal explicou polo miúdo como sementan os gametófitos destas algas pardas, que posterioremente se reinsertan nos arredores da illa de Sálvora.

Unha vez reinsertadas, convértense en bosques de kelp, vitais como hábitat de biodiversidade mariña, protetoras dos fondos mariños e para combatir o cambio climático.

Comments are closed.

Close Search Window