Xuventude e deporte|

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou no DOG DO 19 DE AGOSTO DE 2025 a orde pola que se convocan axudas económicas para facilitar á mocidade galega desempregada a obtención dos permisos de condución A2 e B.

O obxectivo desta liña é mellorar a autonomía persoal e favorecer a empregabilidade da mocidade, reducindo parte do custo económico que supón acadar o carné.

Detalles da convocatoria

  • Contía das axudas:
    • 150 € para o permiso A2.
    • 400 € para o permiso B.
    • Son acumulables se se solicitan ambos.
  • Quen pode solicitalas?
    • Mozas e mozos de 18 a 30 anos.
    • Empadroados en Galicia, con polo menos un ano de antigüidade.
    • Que non estean traballando por conta propia nin allea.
    • Que obtivesen o permiso A2 ou B entre o 1 de outubro de 2024 e a data de solicitude.
    • Con renda familiar igual ou inferior a 5 veces o IPREM anual de 2025.
  • Prazo de solicitude:
    Do 25 de agosto de 2025 ás 9:00 h ata o 25 de setembro de 2025 ás 20:00 h, ou ata esgotar crédito.
  • Como solicitar?
    A través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (obrigatorio). Se se presenta en papel, requirirase a súa emenda por vía electrónica.

Documentación que hai que presentar

Ademais do formulario electrónico de solicitude, deberás achegar:

  1. Identidade e residencia
    • DNI/NIE (consulta automática salvo oposición).
    • Certificado ou volante de empadroamento colectivo (mínimo un ano en Galicia).
  2. Permiso de condución
    • Copia do carné A2 ou B expedido, ou
    • Autorización provisional para conducir (se aínda non recibiches o carné físico).
  3. Situación laboral
    • Declaración responsable de non estar traballando.
    • Informe de vida laboral se a administración non pode ver a túa situación.
  4. Renda e situación económica
    • Autorización de consulta de datos fiscais (xa vén no formulario).
    • Se te opoñes: copia da declaración da renda 2023 ou certificado de imputacións da AEAT.
  5. Composición familiar (se procede)
    • Libro de familia ou certificado de convivencia, para calcular os ingresos da unidade familiar.
  6. Declaracións responsables (anexos oficiais)
    • Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    • Non ter solicitado nin recibido outras axudas para o mesmo fin.
    • Non estar incurso/a en prohibicións para ser beneficiario/a de subvencións.

Resolución

  • O procedemento é de concorrencia non competitiva: as axudas concédense por orde de entrada, ata esgotar o crédito.
  • O órgano instrutor é o Instituto da Xuventude de Galicia.
  • O prazo máximo de resolución é de 5 meses desde a entrada da solicitude. Se non hai resposta, entenderase desestimada.
  • Unha vez notificada a resolución, a persoa beneficiaria terá 10 días hábiles para aceptar ou renunciar á axuda.

 

Comments are closed.

Close Search Window