Cultura, ocio, tempo libre|

Xa está dispoñible na Casa da Cultura de Porto do Son a exposición ‘Lembranzas e agarimos’, de Enrique Valero Gutiérrez del Olmo.

O alcalde, Luís Oujo, destacou durante a presentación que é “un orgullo acoller unha mostra na que se representan a través da pintura as preciosas paisaxes naturais dos montes, ríos e costa do noso municipio”.

Esta é a primeira mostra de pintura do autor, unha arte na que comezou a formarse hai apenas tres anos.

As persoas interesadas en ver a exposición pódeno facer ata o 30 de outubro no seguinte horario:

De luns a venres de 08.00 a 14.00 horas.

Xoves e venres de 17:30 a 20:00 horas.

Sábados de 10:30 a 14:00 horas.

Comments are closed.

Close Search Window