Nas últimas datas remataron as obras de restauración e recuperación das zonas costeiras, realizado desde Xuño ata as Lagoas de San Pedro, nos areais de Furnas a Seráns.
Este proxecto, financiado a cargo do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico con fondos Next Generation da UE do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, contemplou a protección e restauración destas zonas costeiras, adaptándoas para o cambio climático e implementando estratexias mariñas e plans de ordenación do espazo marítimo.
Esta actuación perseguiu varios obxectivos como loitar contra a erosión na costa, aumentando a súa resiliencia e fortalecemento do litoral fronte aos efectos do cambio climático. Así, levouse a cabo a instalación de novas pasarelas de madeira a ras de chan, así como tamén instalación de sinalética e eliminación de plantas invasoras.
Tras o remate do proxecto, o alcalde, Luis Oujo, agradeceu esta achega do Ministerio “que é fundamental para a recuperación ambiental deste espazo e que ademais xa está rematado e chega a tempo para a temporada de verán”.
O rexedor tamén lembrou “a importancia que ten está actuación tanto a nivel medioambiental como para o uso e desfrute deste fermoso espazo natural por parte da veciñanza e turistas”.


















