Cultura, ocio, tempo libre|

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acollerá este venres, 12 de setembro, a presentación do libro “Esconxuros para un rei”.

O acto terá lugar a partir das 20:00 horas e participarán a autora do libro, Mª Carmen Rey; a mestra, Encarna Pego Paz; e a escritora, Patricia Torrado.

Esta obra é un elato de fácil lectura, con un punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara a unha novela de corte histórico, na que autora nos presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.

Comments are closed.

Close Search Window