Medio Ambiente e cambio climático|

Un ano máis, o Concello de Porto do Son súmase á iniciativa da #HoraDelPlaneta da WWF España co apagón do alumeado público dos núcleos de Porto do Son e Portosín entre 20:30 e as 21:30 horas.

Con este xesto apagamos a luz e defendemos o noso planeta.

Durante vinte anos, este movemento mundial demostrou que cando millóns de persoas actuán xuntas, o mundo cambia de verdade. O que comezou só como un xesto simbólico converteuse no maior movemento global pola natureza e o clima, unha faísca de esperanza que inspirou a cidades, empresas e fogares en todos os continentes.

Os impactos do cambio climático son innegables, especialmente en países como España. Pero se algo aprendemos neste tempo é que hai esperanza cando actuamos xuntos: a acción colectiva impulsa acordos, acelera a enerxía limpa, protexe ecosistemas e recupera especies.

O futuro está nas nosas mans e non imos deternos agora. Porque a acción conxunta funciona, porque a natureza responde cando lle damos unha oportunidade e porque cada xesto suma.

Comments are closed.

Close Search Window