Xeral|

O Concello de Porto do Son aprobou onte en sesión plenaria extraordinaria, cos votos en contra de PSOE e BNG, os orzamentos municipais para o exercicio 2026, o proxecto económico máis alto da súa historia por un importe de casi 13 millóns de euros. Estes novos orzamentos, que supoñen un incremento de casi un 5% co respecto ao anterior exercicio, permitirá impulsar novos investimentos, reforzar os servizos públicos e consolidar a estabilidade financeira.

O orzamento, que ascende a 12.992.831,00 euros, foi elaborado co obxectivo de responder as necesidades actuais da veciñanza, promover o desenvolvemento económico local e garantir unha xestión responsable dos recursos públicos.

No proxecto económico que xa conta con luz verde, o equipo de goberno priorizou o incremento no reforzo dos servizos básicos obrigatorios como a recollida do lixo, que supón para o concello un gasto de case 1.100.000 euros; o mantemento das instalacións saneamento, depuración e abastecemento, con un custo de 511.897,70 euros; así como tamén servizos sociais, limpeza, desbroces e arranxo de pistas

Ademais, dedicarase unha partida de 2.903.936,33 euros a financiar diversas actuacións estratéxicas que permitirán mellorar servizos, modernizar infraestruturas e dar resposta a necesidades prioritarias da veciñanza.

Esta dotación económica permitirá poñer en marcha proxectos de gran impacto no municipio. Entre eles se atopan melloras en infraestruturas básicas, abastecemento e mantemento urbano, con especial atención a redes de saneamento nos lugares de Aguieira norte, A Becha, Foloña e Carantoña, Parada, Seoanes, Lavandeiras e Basoñas. Estas actuacións contan cunha inversión de 1.078.502,91 euros. 

Ademais, o proxecto económico conta con investimentos en mobilidade e seguridade viaria, con intervencións en melloras de accesos a varios núcleos e sinalización por un importe de 387,451,44 euros.  

Por outra parte, o pleno extraordinario tamén serviu para aprobar o POS adicional  e o POS Social. Con respecto a este último, destínase no vindeiro ano por un importe de 94.616 euros a reducir o gasto da prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que ten un custo de 810.000 euros (financiada nun 50% pola Xunta de Galicia). 

O POS 2026 vaise destinar a gasto corrente para sufragar parte dos gastos da Mancomunidade 235,217,10 euros e a mantemento de vías 200.000 euros, quedando pendente do POS 369.026,57 euros co obxectivo de definir en futuras obras a realizar. 

Máis proxectos estratéxicos garantindo unha xestión áxil e eficaz 

Con todo, deberase ter en conta a incorporación de investimentos non executados en 2025, que mediante un importe de 1.992.073,32 euros incrementa significativamente o volume total dispoñible para acometer proxectos estratéxicos e aumentando o orzamento final para o ano 2026.

Tras a luz verde deste orzamentos, desde o grupo de Goberno destacan que “seguimos mantendo todas as axudas a Asociacións sen ánimo de lucro, a Clubes, Deportistas, para eventos deportivos e como novidade este ano vamos ofertar axudas para ANPAS”.

“A aprobación das contas supoñen un paso decisivo para poñer en marcha as actuacións previstas desde o inicio do ano, garantindo unha xestión áxil e eficaz”, engaden. 

Pola súa banda, o rexedor, Luis Oujo indicou que “como novidade tamén estamos a traballar na posta en marcha dun novo servizo de transporte  dirixido a persoas da terceira idade das zonas rurais do municipio, co obxectivo de mellorar a mobilidade, facilitar o acceso aos servizos básicos como a asistencia ao médico ou a oficinas municipais ou bancarias e reducir así o illamento das zonas máis afastadas do centro urbano”

“Desde este grupo de goberno seguiremos traballando para garantir que todos veciñanza, vivan onde vivan, teñan acceso a servizos públicos de calidade”, rematou. 

Comments are closed.

Close Search Window