Roteiros|

Porto do Son celebrará a súa Andaina Panorámica o sábado 28 de marzo.

A saída da ruta de sendeirismo será ás 9.00 horas en autobús dende a praza do Curro (Portosín) ata Chans de Raña, lugar do que se partirá para realizar un percorrido de 15 quilómetros no que as persoas participantes poderán gozar dunhas vistas panorámicas de gran beleza ata chegar de novo a Portosín.

As persoas que desexen participar pódense inscribir mandando un correo electrónico a osoncamina@gmail.com ou no teléfono 981 767 589. Para facer efectiva a inscrición deberán proporcionar os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono.

Comments are closed.

Close Search Window