Sanidade|

O venres 10 de abril, Portosín acollerá o Programa de promoción de Saúde da Xunta de Galicia, unha iniciativa destinada a persoas maiores.

  • ACTIVIDADE FÍSICA – PASEOS SAUDABLES

Programa dirixido a persoas maiores para a promoción da actividade física na poboación, que inclúe:

Sesión informativa sobre conceptos básicos e recomendacións de actividade física. Terá lugar o venres, 10 de abril, ás 12:00 h, na Casa da Cultura de Portosín.

Paseos saudables de 1 hora de duracion polas contornas do municipio. Todos os venres, ás 10:30 h, con punto de encontro na Casa da Cultura de Portosín.

  • ALIMENTACIÓN SAUDABLE – ALMORZOS SAUDABLES

Programa que inclúe sesións informativas sobre alimentación, o prato Harvard ou o planificador de comidas de Sanidade Mediaverso. No marco desta actividade, celebraranse obradoiros prácticos con almorzos saudables, 1 vez ao mes.

Este programa terá lugar o 3º venres de mes, ao acabar o paseo na Casa da Cultura de Portosín.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Porto do Son, no enderezo electrónico deportedoson@gmail.com ou no teléfono 981 76 75 89.

Comments are closed.

Close Search Window