Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro sábado, 1 de novembro ás 21:00 h, a obra de teatro ‘Cabaré Climático’.

As persoas interesadas poderán mercar as entradas (4 euros) na Oficina de Cultura, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 h. Tamén poderanse adquirir as entradas previo á función.

Este espectáculo, da compañía VasRIR, fai unha aproximación con música en vivo e moito humor sobre como o cambio climático podría afectar no futuro ás relacións entre as persoas.

Actividade que forma parte da programación cultural da Deputación da Coruña.

Comments are closed.

Close Search Window