Cultura, ocio, tempo libre|

O alumnado de Educación Primaria usuario da ludoteca participou na tarde de onte na actividade ‘Na procura de Rosalía’, enmarcada na programación do Concello para conmemorar o día adicado a esta autora.

O obxectivo detrás desta actividade é achegar ás xeracións máis novas a vida e obra dunha das referentes da cultura e a literatura galega a través do xogo e a diversión.

Comments are closed.

Close Search Window