Novo curso 25/26 da Ludoteca municipal de Porto do Son

O curso, que dará comezo o 29 de setembro, terá dúas quendas:
Rapazada de 6 a 12 anos: luns, martes ou mércores, en horario de 16:30 a 19:30 horas.
Rapazada de 3 a 5 anos: xoves ou venres, en horario de 16:30 a 19:30 horas.
As familias interesadas poderán inscribirse a partir do mércores, 17 de setembro, e ata completar prazas.
Para ser usuario/a da ludoteca será preciso que o pai/nai ou titor/a do menor entregue o formulario de inscrición debidamente cuberto e asinado Rexistro municipal ou por sede electrónica.
As prazas serán outorgadas por orde de inscrición.
O venres 26 de setembro publicarase a primeira relación de admitidos podendo consultarse na propia ludoteca. A partir desta data, as novas admisións serán xestionadas e comunicadas dende a Ludoteca.

