Cultura, ocio, tempo libre|

O pasado domingo, 3 de agosto, Karcocha, o mimo e arlequín máis famoso do mundo ofreceu un espectáculo único na fachada marítima.

O nome de Karcocha vén da súa afección de neno pola construción de papaventos de papel, que en Chile chaman carcochas. Autodefínese como “un arlequín contemporáneo” e é ademais un viaxeiro incansábel que ten a capacidade de aparecer en calquera cidade do mundo sen aviso e cunha inmensa capacidade para poñer patas arriba, co seu humor clown-urbano particular, a actividade de calquera dos lugares nos que recala.

Comments are closed.

Close Search Window