Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.
La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.
Muchas Gracias.
Porto do Son é un concello que ocupa o lado noroeste da Península do Barbanza. Limita ao norte coa ría de Muros e Noia, ao sur con Boiro e a Pobra do Caramiñal, ao leste con Noia e Lousame, e ao oeste con Ribeira.
A Península do Barbanza é unha terra moi accidentada e Porto do Son non é unha excepción. O monte está en case todo o concello moi preto da costa, o que obriga á poboación a concentrarse en torno á liña costeira en case todo o territorio.
Na actualidade o Padrón consta de 9.425 habitantes. O territorio sonense está dividido en dez parroquias, a maior das cales é Nebra e a máis poboada, Noal, onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira, que non dá ó mar.
Castro de Baroña:
Descuberto en 1933, declarado Patrimonio Artístico Nacional e Ben de Interés Cultural, o Castro de Baroña é un dos máis importantes xacemento arqueolóxicos de Galicia. Ubícase na parroquia de Baroña; e adoptando forma de península é o exemplo típico e máis característico de castro marítimo. Rodeado por un entorno de beleza incomparable, os seus 22.622 m2 encóntrse fortemente batido polo mar convertíndoo nun lugar inexpugnable e seguro para as xentes que o habitaron, debido a súa inaccesibilidade.
Situado no Concello de Porto do Son ao borde mismo da ría de Muros e Noia. O acceso dende a capital municipal é moi sencilla, xa que sólo hai que coller a estrada dirección Ribeira. Percorridos 4 km xa encontramos a man dereita o Punto de Información e área de acollida. Dende alí, achegámonos ao costro por un camiño tradicional que descendendo cara ao mar, lévanos directamente aos restos arqueolóxicos.
A visita é libre, pero para que goces máis dela, propoñemos un itinerario seguro e útil. O Concello conta cun guía gratuíto para grupos previa solicitude no Departamento de Cultura. Durante o recorrido podes contemplar algúns dos vestixios máis impoñentes da arquitectura castrexa: o foxo e a primeira liña de defensa , a gran porta de acceso aos recintos habitados, a muralla monumental ou as esqueiras interiores. Unha vez rematada a visita, para volver ao punto de partida só tes que facer o camiño á inversa.
Turismo:
Este municipio é especialmente rico en restos arqueolóxicos, tanto en mámoas, petróglifos e en castros. En canto a petróglifos, cerca de Portosín podemos ver o petróglifo de A Picota; en Porto do Son o de Braña das Pozas e máis cara o sur o de A Gurita, cerca da Igrexa de San Pedro de Baroña e ao pasaar Queiruga os de Laxe da Sartaña, Outeiro de Campelo e Campo Grande. Outros restos arqueolóxicos do municipio ademáis das mámoas de Montemuíño e Iroite, son as Raña en Baroña, Mámoa de Parada en xuño ou as mámoas do Campo de Patas en San Pedro de Muro entre outros.