Do 28 de setembro ao 30 de novembro, Porto do Son acollerá o II Ciclo cultural infantil itinerante. Esta programación cultural levarase a cabo nas casas de cultura de todas as parroquias do municipio.
Así, a rapazada de Porto do Son poderá comezar este outono desfrutando dun amplo programa de espectáculos culturais e que terán entrada totalmente de balde.
Esta segunda edición do Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son contará con 10 funcións de primeira liña, no que participará boa parte do máis destacado do panorama galego do lecer infantil, con actuacións de Paco Nogueiras, Mago Teto e compañías como Talía Teatro ou Calvera Circus.
28 DE SETEMBRO
A Casa da Cultura de Ribasieira acollerá a obra ‘Calavera Circus’, da compañía Calavera Circus. A función dará comezo a partir das 17:00 horas.
5 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de Portosín acollerá a obra ‘Voa Voa’, da compañía Talía Teatro. A función dará comezo a partir 18:00 h.
12 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a obra ‘Contacontos musical’, de Os Rizos de Lía. A función dará comezo a partir das 18:00 h.
19 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a obra ‘Alquimia’, do Mago TEto. A función dará comezo a partir 18:00 h.
26 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a obra ‘Son Animal’, de Paco Nogueiras. A función dará comezo a partir 18:00 h.
2 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Nebra acollerá a obra ‘A Landra Viaxeira e o Amigo Labón’, de Os Jalochos. A función dará comezo a partir 18:00 h.
9 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a obra ‘A Maxia dos Libros’, de Nami e o Mago da Boina. A función dará comezo a partir 18:00 h.
16 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Baroña acollerá a obra ‘Máis Música’, de Xabi Longueirón. A función dará comezo a partir 18:00 h.
23 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Xuño acollerá a obra ‘Canta Música’, de Pablo Díaz e Olga Kirk. A función dará comezo a partir 18:00 h.
30 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a obra ‘O Mundo Máxico de Pinocho’, de Educateatro Producións. A función dará comezo a partir 18:00 h.

Este ciclo cultural infantil conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña

