Cultura, ocio, tempo libre|

Este domingo, 23 de novembro, a Casa da Cultura de Xuño acollerá, a partir das 18:00 h, o espectáculo musical ‘Máis música!’, de O Xabi Longueirón.

Esta función infantil está recomendada para nenos e nenas de entre 2 a 9 anos. (Aínda que as idades son unha referencia debido a que é un espectáculo moi participativo no que acaban bailando maiores e pequenos).

Nel a música guía o espectáculo, e as melodías paran para contar contos da tradición oral galega, adaptándoos aos oídos dos máis pequenos e pequenas. O Xabi Longueirón tamén irá contando a historia que hai detrás de cada cancións, explicando a intención que debe buscar a creación artística.

Esta actividade conta co apoio da Deputación da Coruña.

Comments are closed.

Close Search Window