Cultura, ocio, tempo libre|

O monólogo de Xosé A. Touriñán ‘Aquí Tou!’, no marco III Ciclo de Mónologos, colgou o cartel de todo vendido. A función conta con todas as entradas esgotadas e terá lugar o 25 de abril, ás 21:00 h, na Casa da Cultura de Porto do Son.

Programación do III Ciclo de Monólogos de Porto do Son:

4 de abril | 21:00 h | Oswaldo Digón con Monólogo comedia

11 de abril | 21:00 h | Jazmín Abuín con Riquiña

18 de abril | 21:00 h | Celso Sanmartín con Contar

25 de abril | 21:00 h | Xosé A. Touriñán con Aquí Tou. (Máximo 4 entradas por persoa)

As entradas, que terán un custo de 4 euros, están á venda desde hoxe na Casa da Cultura de Porto do Son. Poderanse adquirir de luns a venres, de 8:30 a 15:00 horas, e os sábados de función desde as 19:00 h no propio recinto.

Comments are closed.

Close Search Window