Aberto o prazo para solicitar o Bono Cultural Xove do Ministerio de Cultura, unha axuda directa de 400 euros para as persoas que cumpren 18 anos neste 2025 e adquirir e desfrutar de produtos e actividades culturais.
As persoas interesadas poderán solicitalo, ata o 31 de outubro, a través de bonoculturajoven.gob.es. Con este bono poderás vivir e compartir experiencias culturais de todo tipo: ópera, teatro, cine, museos, libros, prensa, concertos, danza, música, películas e series en liña, videoxogos…
𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗧𝗘
- Se naciches en 2006 e xa disfrutas do Bono Cultural, diríxete ao apartado específico para consultar o teu saldo, achegar os teus tickets e comprobar o tempo restante para poder usar o teu Bono Cultural Novo, consulta aquí.
- Se naciches en 2007 podes solicitar o Bono Cultural Xoven ata o 31 de outubro de 2025, consulta aquí as instrucións e os requisitos.
- Se es unha empresa ou entidade cultural, lembra que o prazo para solicitar a adhesión segue aberto.


